Rocío A. e Juan R., Sesión de maquillaxe. |
Durante o 2013, mantemos en cartel "Unha historia con pau" e "Emperador, que pensas? Fala!" e traballamos na dramaturxia dun novo espectáculo, "Gallaecia".
Participamos no Entroido Escénico organizado pola Concellería de Cultura de Lugo.
Carlos R. e María G. na presentación de Buxiganga |
Carlos Rebolo e Rocío Andón na presentación de Buxiganga |
Colaboramos coa Área de Cultura da Deputación Provincial na presentación á prensa do Circuíto Buxiganga e, máis tarde, na presentación do mesmo na cidade de Lugo.
"Hipócritas" xogando mentres o público se acomoda. (función en beneficio de Auxilia) |
Colaboramos coa Asociación Auxilia Lugo na recadación de fondos para as súas actividades cunha función de "Unha historia con pau" no Auditorio Gustavo Freire a favor desta asociación.
Participamos na homenaxe a Roberto Vidal Bolaño organizada pola Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e presentada por Avelino González, representando unha escena de "Laudamuco, señor de ningures".
Escena de Laudamuco señor de ningures. |
Asistimos ao curso de verán, "Dirección de escena e dramaturxia" organizado pola FEGATEA en colaboración coa ESAD e impartido por profesorado desta escola en Vigo (do 8 ó 12 de xullo).
Organizamos, xunto con Achádego Teatro, a mostra da FEGATEA Móvete 2013 en Lugo, celebrada durante o mes de setembro.
Jorge R. montando a mesa de son antes dunha función. |
Ana Pazos nunha escena de "Unha historia con pau". |
Asistimos ao "Obradorio de Escenografía" organizado pola FEGATEA en colaboración co CDG en Santiago o 16 e 17 de novembro.
Neste ano incorpóranse ao grupo Ana Pazos e Jorge Rodríguez.