Hipócrita
Teatro naceu en Lugo en novembro do ano 2004, formado por Carlos Rebolo, Xavier
Loureiro, Iria Acevedo, Elea López, María J. García e Oscar Alba, alumnos do
Obradoiro de Teatro que organizara o Concello de Lugo e impartía Guillermo
Cancelo.
Guillermo, Elea, Jose, María J. Iria, Xavier e Carlos en abril do 2008 |
- O achado do castro, de Manuel Núñez Singala, (2005) coa participación dos
membros fundadores e doutros compañeiros e compañeiras do Obradoiro: Saleta
Fontaiñas, José Casanova, Adelaida Martínez, Daniel Aguilar e Ramón García.
- Casting (comedia
para café teatro, estreada en Santiago en maio do 2005), protagonizada por
María J. García, Elea López e Iria Acevedo, que acadou o segundo premio do I
Certame Cómico para Café-Teatro Garigolo.
- Miserere
(drama sobre a violencia de xénero, estreada en Lugo en novembro do 2005),
protagonizado por María J. García.
- Creba-Cabezas, unha nova versión do espectáculo Miserere
na que participaban Xavier Loureiro, Iria Acevedo, Elea López, Carlos Rebolo
e María J. García. Creba- cabezas, un espectáculo conformado por varias pezas breves
que exploraba os estereotipos sociais de xénero, participou na V Mostra de
Teatro Cidade de Lugo.
- Noite de San Xoán, espectáculo de rúa con personaxes da mitoloxía popular
galega asociados a ese ritual, que animou a festa organizada pola Asociación de
Veciños de Garabolos en xuño do 2006.
- Deuses e
Die Irae, espectáculos creados para a
festa romana Arde Lucus (2006 e 2007, respectivamente) protagonizados polos
membros fundadores.
- Dies Irae (Arde Lucus 2008). Unha nova versión da obra estreada no 2007 protagonizada por Iria Acevedo, Xavi Loureiro, María Villar e un grupo de actores e actrices que asistían ao obradoiro do Concello.
Baixo a mesma dirección, Hipócrita
Teatro colaborou entre outros, coa artista Marta Prieto, deseñadora do logo do
grupo, escenificando unha performance na presentación da súa obra plástica, “Jaula
de Grillos” no Museo Provincial de Lugo. E tamén coa Asociación Colectivo
AdianteXá na celebración das II Xornadas de Atención Temperá (maio de 2005), co espectáculo Rompendo Inercias, unha montaxe
dramática coa que se trataron de maneira alegórica os temas dos relatorios
desenvolvidos nas xornadas.
A finais do 2005 incorporouse ao
grupo Juan Rivas para facerse cargo da iluminación e do son. No 2010, súmanse a este labor Tania Rodríguez
e Iván Magide.
A partir do 2009, outros membros do
grupo comezan a asumir as labores de dirección:
- Tles (A vida secreta de Suso de Piloño) (2009), Ano
0 (2010) e Brenga celta (2011), espectáculos presentados no Arde Lucus baixo a
dirección de Iria Acevedo e
Xavier Loureiro e coa
participación, na parte actoral, de María Villar, Elvira Velasco, Juncal, Jose Casanova,
Lobo e Pablo, entre outros.
- BarVarela, dirixida por Iria Acevedo.
-Unha historia
con pau, dirixida por Carlos Rebolo. Comedia infantil protagonizada por Iván Redondo, Juan Rivas, Carlos Rebolo, Oscar Alba, Iván Magide, Rocío Andón,
Elea López, Moncho Vivero e María J. García que se estrenou en Sarria (Lugo) en
setembro do 2011.
Moncho, María J., Rocío, Elea, Juan, Carlos, Iván M., Iván R. e Oscar a carón da Casa da Cultura de Sarria en setembro do 2011. |