Resume da nosa actividade durante o 2015
PROGRAMACIÓN CULTURAL
(PREME AQUÍ PARA VER PROGRAMACIÓN 2015 NO LOCAL HIPÓCRITA)
ACTIVIDADES FORMATIVAS PARA ADULTOS
(Ver páxina neste blog)
ACTIVIDADES LÚDICO-EDUCATIVAS PARA MENORES
(Ver páxina neste blog: formación peques e CONTAXIARTE)
CREACIÓN E POSTA EN ESCENA DE NOVOS ESPECTÁCULOS:
Menestra de testosterona, INRI, A última pregunta e Onde Chaplin perdeu o seu paraugas.
TEATRO NA RÚA ESPECIAL ARDE LUCUS:
"Cleopatra e Marco Antonio", recreación teatral de varios episodios da vida destes personaxes históricos.
"Mitoloxía
para ignorantes",
monólogo cómico sobre a mitoloxía greco – romana con referencias a temas de
actualidade.
![]() |
Fotos: Juan Rivas |
OUTRAS ACTIVIDADES
Participación no Entroido Escénico organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lugo (17 de febreiro)
Intervención
teatral no VIII Encontro de debate sobre
o medio rural organizado por Nova
Escola Galega en Samos, Lugo o 7 de marzo.
Contacontos musicado (Onde Chaplin perdeu o seu paraugas) na Librería Trama e no Mesón do Forno (Lugo) o Día Mundial do Libro.
Posta en escena de INRI (Iniciativa Nacional polos Recortes Idiomáticos) na Sala Microsoños e no Mesón do Forno (Lugo) o 16 de abril con motivo da presentación da programación teatral de primavera no Local Hipócrita.
Intervención teatral no programa do Lucus Cultural, organizado pola Concellería
de Cultura, en colaboración co grupo de teatro Achádego (22 de maio e 5 de xuño)
Adaptación radiofónica e gravación
da peza Cleopatra e Marco Antonio para a Cadena Ser Lugo, dentro do
programa de colaboración que este medio establecera co programa Buxiganga da
Deputación Provincial (mes de maio).
- Intervención
teatral na Gala do XV Aniversario de FEGATEA celebrada en Moaña, en
colaboración co grupo de teatro Gargallada de O Barco (26 de setembro).
Participación nas mesas de debate e nas actividades da X Xornadas de Teatro FEGATEA celebradas en Moaña do 25 ó 27 de setembro.