FORMACIÓN PEQUES

OBRADOIRO REGULAR DE TEATRO PARA NENOS E NENAS de 3 a 12 ANOS
(grupos por idades)
(Consulta horarios e prezos no noso correo-e ou no tfno 635852267)

"Un obradoiro que non trata de formar actores e actrices, senón de utilizar as ferramentas da arte dramática para acompañar ó neno ou nena no seu proceso de crecemento como persoa que descubre, sinte, pensa e expresa."



IMPARTE: Elea López, de GlupGlup Teatro

Os obxectivos xerais a acadar neste curso son:
-          Desenvolver un maior control corporal e do espazo
-          Explorar as posibilidades da voz
-          Desbloquearse e conseguir relaxación física e mental
-          Mellorar a capacidade de concentración, de observación visual e auditiva
-          Aumentar a flexibilidade e o equilibrio corporal
-          Fortalecer a memoria
-          Estimular a autoconfianza e a confianza no grupo
-          Mellorar a escoita
-          Liberar a imaxinación
-          Crear personaxes e historias
Ao longo de curso farase, como mínimo, un ensaio aberto con público, para que os nenos e nenas superen o medo escénico, aprendan a solucionar os  conflitos que xorden nunha presentación, comprendan a importancia do traballo en equipo, etc.  e as familias poidan compartir esta experiencia con eles. 

Elea López formouse como actriz na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto. Posúe formación complementaria en danza contemporanea, clown, técnica vocal,texto e acción contemporáneas, loita escénica, ... 
No ano 2010 crea a súa propia compañía de teatro infantil, "Glup-Glup Teatro", e comeza a impartir clases regulares de teatro para nenas e nenos en Espazo Aberto, Santiago.
Dirixe, coordina e imparte actividades educativas e lúdicas relacionadas coas artes escenicas tanto para nenos como para adultos.