Menestra de testosterona
(Unha comedia aceda de humor intelixente)
sinopse:
sinopse:
“Ninguén me advertiu do difícil
que é ser muller”, reflexiona Lucrecia, que busca axuda terapéutica para
pescudar nas causas dos seus continuos fracasos sentimentais. Da man do doutor
Casa, a protagonista repasa, en clave de humor, as súas relacións co sexo
masculino e descobre que todas elas teñen un denominador común: a “menestra de
testosterona”.
Comedia aceda de humor intelixente,
“Menestra de testosterona” explora algúns dos estereotipos machistas que aínda
seguen vixentes na nosa sociedade, non só no papel dos homes senón tamén no das
mulleres.
![]() |
Preestrea (Foto: Daniel Trigo) |
Hotel Desencanto
(Comedia, suspense, intriga)
sinopse:
O Hotel Desencanto non é o
mellor lugar para vivir situacións idílicas. Sen embargo, os seus hóspedes
semellan ignoralo. Todos, ou case todos, chegan ó hotel co ánimo de gozar dunha
estancia agradable. Lograrano?
PREME AQUÍ PRA VER O TRAILER DA OBRA
TEATRO BREVE
INRI
(Iniciativa Nacional polos Recortes Idiomáticos), peza satírica de 15 minutos escrita por X. Manuel
Pazos Varela e interpretada por Carlos Rebolo, Natalia Fernández e Jorge Rodríguez.
![]() |
Foto: Juan Rivas |
A última pregunta, peza de 15 minutos escrita por Nancho Novo e interpretada por Carlos Rebolo e Natalia Fernández.
![]() |
Foto: Juan Rivas |
CONTACONTOS MUSICADO
Onde Chaplin perdeu o seu paraugas, espectáculo para adultos, sobre textos orixinais de María García e música composta e interpretada por Beatriz Pérez.
![]() |
Foto: Juan Rivas |