2016


PROGRAMACIÓN NO LOCAL HIPÓCRITA (Preme aquí para máis información)

E, ADEMAIS....

Pequena intevención na TVG promocionando a Semana de Teatro Clásico de Lugo. (Grazas ós compañeiros de Achádego por prestarnos o vestiario)
Aquí queda o enlace (nós saímos no MINUTO 18.12 e MINUTO 32

O 21 de febreiro puxemos o noso gran de area para encher o Auditorio de solidaridade  por unha causa xusta.



O 5 de xaneiro, animación na Cabalgata de Reis organizada polo Concello de Lugo,















O 14 e 15 de maio Carlos Rebolo, representando a FEGATEA, dirixiu o obradoiro en galego de lecturas dramatizadas organizado por Comedias do Minho dentro da programación do Festival FITAVALE celebrado en Paredes de Coura.

O 23 de abril contribuímos a recadar fondos para enviar axuda humanitaria aos refuxiados sirios organizando no noso local dúas funcións benéficas da obra infantil "Catalina Lino Lina" de Glup-Glup Teatro, en colaboración con outras entidades. 

Entre os meses de abril e xuño, Carlos Rebolo e Rocío Andón impartiron un obradoiro de teatro para reclusos do Centro Penitenciario de Monterroso, organizado por ALIAD.

Algúns membros da compañía participamos nos obradoiros formativos organizados por FEGATEA na ESAD e en Salvaterra do Minho nos meses de xullo e agosto.

Participamos, un ano máis, no Arde Lucus con dúas pezas: "Cleopatra e Marco Antonio" e "Mitoloxía para ignorantes".





No mes de setembro varios membros de Hipócrita colaboraron na organización do Festival FETTA de FEGATEA celebrado en Lugo.
Carlos, Natalia e María con representantes de PLATTA durante o Festival











Tamén no mes de setembro, o Local Hipócrita acolleu un curso de "Habilidades Sociais" para mulleres vítimas de violencia de xénero, dentro do Proxecto de Reinserción Laboral xestionado pola Asociación Lucense de Xóvenes Emprendedores (AXEL). O curso foi impartido por Elea López e Rocío Andón.